SOBRE NÓS

¿QUEN SOMOS NÓS?

SONDOMAR NÁUTICA é unha empresa situada en Vigo, Galicia nacida en 2019. Colaboramos con diferentes empresas da zona para satisfacer todas as necesidades do cliente.

A nosa experiencia navegando por todo o mundo  a nivel profesional e coñecendo os puntos máis remotos do planeta fíxonos crear este proxecto para achegar ás persoas a cultura do mar, ofrecendo actividades socio-deportivas, cursos e servizos náuticos.

Nas nosas actividades pode participar todo tipo de público. Ofrecemos actividades náuticas varias desde medio día navegando a vela ata travesías cheas de aventura. Tamén poderás alugar unha embarcación para gozar cos teus amigos ou familiares, mergullar e coñecer a fauna mariña ou degustar os manxares autóctonos.

En SONDOMAR NÁUTICA desde 2021 abrimos o abanico ofrecendo cursos náuticos de perfeccionamento, titulacións náuticas cos nosos compañeiros de Cenfornáutica (academia homologada) e servizos de mantemento para embarcacións e brokerage náutico (compra e venda de embarcacións).

O nivel de compromiso é máximo e personalizado en todos os casos para que os nosos clientes sempre queden satisfeitos.

actividades en barco rias baixas